Baden-Baden é unha cidade alemá situada ao oeste do Land de Baden-Württemberg.
A cidade é famosa polos seus balnearios e as augas termais. Se cadra é por iso que se converteu nun importante destino de vacacións e de descanso, sobre todo para xente adiñeirada. Os seus balnearios atraen xubilados, e o seu casino, xente de gran poder adquisitivo.
Até 1931, a cidade chamábase unicamente Baden, mais para diferenciala da rexión de Baden, duplicáronlle o nome. A cidade ten 54 160 habitantes (decembro de 2015).
Historia
Dise que o emperador romano Caracalla frecuentaba o lugar; na súa lembranza, unhas das termas levan actualmente o seu nome.
No século XIX, a burguesía europea comezou a tomar Baden-Baden como un lugar de descanso. Xurdiron grandes estabelecementos termais, teatro, hipódromo e o casino, un dos máis luxosos do mundo. Tamén aquí está un dos últimos castelos habitados de Europa.
Tras a fin da segunda guerra mundial, Baden-Baden foi sede do comando central das forzas de ocupación francesas en Alemaña.
Cidades irmandadas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Baden-Baden
- Imaxes de Baden-Baden(de) Arquivado 04 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
- Imaxes de Hohenbaden Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en alemán)
