factograf
GL
Sign in

actriz danesa (1881-1972)

Asta Nielsen

Asta Nielsen

Key facts

data de nacemento11 de setembro de 1881
data de falecemento25 de maio de 1972
ocupaciónactor, autobiógrafo, actor de teatro
lugar de nacementoGammel Kongevej
distinciónPremios do Cinema alemán
descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978
All data from the card 7
Nacemento
(da) Asta Sofie Amalie Nielsen 11 de setembro de 1881 Gammel Kongevej
Morte
25 de maio de 1972 (90 anos)Frederiksberg
Lugar de sepultura
Cemitério Vestre (pt)
Ocupación
actriz, actriz de cinema, directora de cinema, actriz de teatro, autobiógrafa, produtora
Período de actividade
1902 -
Cónxuxe
Gregori Chmara (1923–1930)Urban Gad
Descrito pola fonte
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Нильсен Аста)

Asta Sofie Amalie Nielsen, nada o 11 de setembro de 1881 en Vesterbro (Copenhague) e finada o 24 de maio de 1972 en Frederiksberg, foi unha actriz de cine mudo dinamarquesa principalmente coñecida por protagonizar numerosos filmes na década de 1910 e por ser unha das primeiras estrelas de cinema de fama internacional.

Traxectoria

Setenta dos setenta e catro filmes de Nielsen fixéronse en Alemaña onde era coñecida simplemente como Die Asta (A Asta). Debido aos seus ollos grandes e escuros, a súa face con forma de máscara e a súa figura masculina, Nielsen adoitaba interpretar os papeis de mulleres porfiadas e apaixonadas que se vían envoltas en circunstancias tráxicas. Por mor da natureza erótica das súas interpretacións, os seus filmes foron duramente censurados nos Estados Unidos e o seu traballo ficou relativamente descoñecido para a audiencia estadounidense. Dise dela que cambiou o xeito de actuar nos filmes, pasando dun estilo teatralizado a un máis naturalista. Na década de 1920 fundou o seu propio estudio de filmación en Berlín, mais volveu a Dinamarca en 1937 co auxe do nazismo. A súa actividade cinematográfica rematará case co fin do cine mudo: só protagonizou un filme sonoro, Unmögliche Liebe, en 1932. Nos seus últimos anos desapareceu como figura pública e converteuse en artista e autora.

Filmografía parcial

  • Afgrunden, dirixido por Urban Gad (1910)
  • Balletdanserinden, dirixido por August Blom (1911)
  • Engelein (1914)
  • Rausch (1919)
  • Reigen (1920)
  • Mata Hari (1920)
  • Die Spionin (1921)
  • Hamlet (1921)
  • Irrende Seelen (1921)
  • Die Geliebte Roswolskys (1921)
  • Fräulein Julie (1922)
  • I.N.R.I. (1923)
  • Erdgeist (1923)
  • Athleten (1925)
  • Lebende Buddhas (1925)
  • Hedda Gabler (1925)
  • Die freudlose Gasse, dirixido por Georg Wilhelm Pabst (1925)
  • Die Gesunkenen (1926)
  • Dirnentragödie (1927)
  • Laster der Menschheit (1927)

Véxase tamén

Ligazóns externas


 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 64 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article