Ash é unha banda de rock alternativo de Irlanda do Norte formada en 1992 en Downpatrick, condado de Down, por Mark Hamilton (baixo), Tim Wheller (vocal e guitarra) e Rick McMurray (batería). Como trío publicaron o mini-álbum Trailer en 1994 é o álbum 1977 en 1996. Este lanzamento de 1996 foi nomeado por NME como un dos 500 mellores álbums de todos os tempos. Tras o éxito do seu debut, a banda recrutou a Charlotte Hatherley como guitarrista e vocalista, lanzando o seu segundo disco, Nu-Clear Sounds, en 1998. Despois de evitar por pouco a quebra, a banda lanzou Free All Angels en 2001 e unha serie de sinxelos exitosos.
A banda volveu ser un trío en 2006 cando Hatherley deixou o grupo, e despois de cinco álbums convencionais, a banda lanzou 26 sinxelos na A-Z Series en 2009, un cada dúas semanas. A banda tivo un disco de prata, dous de ouro e dous de platino no Reino Unido, así como 18 cancións no top 40 da lista de sinxelos do Reino Unido. Asociáronse co britpop, aínda que non se sentiron cómodos coa asociación, xa que destacar o carácter británico podería interpretarse como sectario en Irlanda do Norte.
Traxectoria
Tralo descubrimento sa súa paixón pola música, anímanse a tocar novoscovers e a principios dos anos '90, tras escoitar bandas como Twisted Sister e Iron Maiden, deciden formar unha banda de heavy metal cunha amiga da infancia, chamada Vietnam. Tras un par de concertos buscaron un batería, encontrando a Rick Murray, dous anos maior ca eles. Finalmente deixan de lado o heavy metal animados por outro tipo de sons coma os de Nirvana, Mudhoney ou os Pixies, comezando a compoñer as súas propias cancións. Un dato curioso sobre a orixe do nome da banda é que o elixiron ao chou nun dicionario.
Crearon tres maquetas, "Solar Happy" en xuño, "Shed" e "Home Demo" en setembro. "Goldfinger" foi o seu primeiro lanzamento en 1996, un dos singles do traballo, xunto con "Oh Yeah", que os catapultou cara a fama. O álbum chegaría ao Top dos Charts en Gran Bretaña. En 1997 deron un concerto no London Astoria, e participaron no Glastonbury Festival. Outros discos destacados son Nu-Clear Sounds e Free All Angels.
Tras lanzar “Twilight Of The Innocents” en 2007, o grupo decidiu non volver sacar un disco de estudio, e só dar a coñecer a súa música a través de sinxelos esporádicos.
Actualmente destaca o proxecto A-Z series, que consiste en descargas dixitais dende a súa web oficial.
Discografía
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Trailer | 1994 | Infectious Records |
| 1977 | 1996 | Infectious, Home Grown |
| Nu-Clear Sounds | 1998 | Infectious Records |
| Free All Angels | 2001 | Infectious Records |
| Meltdown | 2004 | Infectious Records |
| Twilight of the Innocents | 2007 | Infectious Records |
| Kablammo! | 2015 | earMUSIC |
| Islands | 2018 | Infectious Records, BMG |
| Race the Night | 2023 | Fierce Panda Records |
| Ad Astra | 2025 | Fierce Panda Records |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial
- Entrevista en Record Overplayed webzine Arquivado 05 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
