factograf
GL
Sign in

arte producida nas Illas Británicas na Alta Idade Media

Arte insular

Arte insular
All data from the card 1
Freebase
/m/028084f
Folio 292 do Libro de Kells, co comezo do Evanxeo de Xoán.
Folio 292 do Libro de Kells, co comezo do Evanxeo de Xoán.
Réplica da Hilton of Cadboll Stone
Réplica da Hilton of Cadboll Stone
Shoulder-clasps (fíbula de hombreiro) de ouro, granate e cristal millefiori
Shoulder-clasps (fíbula de hombreiro) de ouro, granate e cristal millefiori
Broche penanular irlandés de bronce, século VI.
Broche penanular irlandés de bronce, século VI.
Cruz e torre redonda de Devenish, mosteiro fundado no século VI. As construcións actuais son de cronoloxía máis tardía (a torre, posiblemente do século XII, a cruz, posiblemente do XV).
Cruz e torre redonda de Devenish, mosteiro fundado no século VI. As construcións actuais son de cronoloxía máis tardía (a torre, posiblemente do século XII, a cruz, posiblemente do XV).
5 images

A arte insular ou arte hiberno-saxoa, son as denominacións historiográficas para a arte producida nas Illas Británicas na Alta Idade Media. Para esa época (séculos V ó X), tamén denominada "época escura" ou período das invasións, posterior á caída do Imperio romano de Occidente, a escasa produción artística de Europa occidental acostuma englobarse na xenérica denominación de "Prerrománico".

Os territorios "insulares" de Irlanda e Gran Bretaña, moi divididos politicamente, tiveron nesta época unha destacable unidade cultural no predominio artístico, intelectual e socio-relixioso do monacato que, sobre a base do cristianismo, fusionou os restos da herdanza clásica grecorromana con achegas dos pobos xermánicos e as características locais dos pobos prerromanos autóctonos, xenericamente clasificados como "celtas" ou "gaélicos".

Formas e soportes

Os trazos formais do estilo orixináronse a partir da ourivaría destinada á elite secular, que a comezos do século VII combinouse coa arte celta e a arte anglosaxoa. Identifícanse especialmente coa decoración de entrelazado, como a atopada en Sutton Hoo (que presupón unha tradición local ben establecida da que só sobreviviron pequenas pezas), e que se aplica noutros ámbitos, como a iluminación de manuscritos, que responden a outro mundo cultural: o do Mediterráneo. Antes do século VII, é rara a presenza de códices, aínda que non así de xoiaría, sobre todo en Irlanda. As primeiras pedras pictas datan do século V.

  • Helmo cerimonial de Sutton Hoo.
    Helmo cerimonial de Sutton Hoo.
  • Broche de Tara, ca. 700.
    Broche de Tara, ca. 700.
  • Relicario de Monymusk, ca. 750.
    Relicario de Monymusk, ca. 750.
  • Cáliz Ardagh,[6] ca. 750.
    Cáliz Ardagh, ca. 750.
  • Patena do Cáliz de Derrynaflan, século VIII o IX.
    Patena do Cáliz de Derrynaflan, século VIII o IX.

A arquitectura anglosaxoa da época utilizaba, polo xeral, materiais efémeros que non permitiron a súa conservación. Mesmo os mosteiros e igrexas levantados en pedra están na súa maior parte destruídos ou moi alterados, sendo só posible a súa reconstrución arqueolóxica.

Na arquitectura irlandesa do período, destacan as chamadas round towers ou torres irlandesas (das que hai tamén exemplos en Escocia e na illa de Man).

Os mosteiros, autosuficientes, dotábanse de scriptorium e de talleres metalúrxicos para satisfacer as súas necesidades litúrxicas.

  • Elementos de época altomedieval na igrexa de Todos os Santos[8] de Earls Barton.
    Elementos de época altomedieval na igrexa de Todos os Santos de Earls Barton.
  • Planta basilical da igrexa de Todos os Santos[9] de Brixworth.[10]
    Planta basilical da igrexa de Todos os Santos de Brixworth.
  • Torre da igrexa de San Pedro de Barton-upon-Humber.[11]
    Torre da igrexa de San Pedro de Barton-upon-Humber.
  • Muro norte e parte do muro occidental da nave da igrexa de Greensted.[12] Un pequeno van a baixa altura podería ser, ben un espazo para situar a pila a auga bendita, ben un leper's squint ("haxioscopio[13] dos leprosos").
    Muro norte e parte do muro occidental da nave da igrexa de Greensted. Un pequeno van a baixa altura podería ser, ben un espazo para situar a pila a auga bendita, ben un leper's squint ("haxioscopio dos leprosos").
  • Complexo monástico de Glendalough.
    Complexo monástico de Glendalough.
  • Cruz de Aberlemno.
    Cruz de Aberlemno.
  • Cruz de Muiredach en Monasterboice.
    Cruz de Muiredach en Monasterboice.
  • Detalle da Cruz de Ruthwell.
    Detalle da Cruz de Ruthwell.
  • Cruz de San Tola ou de Dysert.
    Cruz de San Tola ou de Dysert.
  • Cruz de Clonmacnoise ou das Escrituras.
    Cruz de Clonmacnoise ou das Escrituras.
  • Cruz de San Martiño en Iona.
    Cruz de San Martiño en Iona.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alexander, Jonathan J.G.; Medieval Illuminators and their Methods of Work, Yale UP, 1992, ISBN 0-300-05689-3
  • Bloxham, Jim & Rose, Krisine; St. Cuthbert Gospel of St. John, Formerly Known as the Stonyhurst Gospel
  • Brown, Michelle P. Mercian Manuscripts? The "Tiberius" Group and its Historical Context, in Michelle P. Brown, Carol Ann Farr: Mercia: an Anglo-Saxon kingdom in Europe, Continuum International Publishing Group, 2005, ISBN 0-8264-7765-8, ISBN 978-0-8264-7765-1
  • Calkins, Robert G. Illuminated Books of the Middle Ages. Ithaca, Nova York: Cornell University Press, 1983.
  • Dodwell, C.R. (1982); Anglo-Saxon Art, a new perspective, 1982, Manchester UP, ISBN 0-7190-0926-X
  • Dodwell, C.R. (1993); The Pictorial arts of the West, 800–1200, 1993, Yale UP, ISBN 0-300-06493-4
  • Gombrich, E.H., The Story of Art, Phaidon, 13th edn. 1982. ISBN 0-7148-1841-0
  • Grove Art Online, "Insular Art", consultado abril 18, 2010, see also Ryan, Michael.
  • Henderson, George. Early Medieval Art, 1972, rev. 1977, Penguin.
  • Hicks, Carola. Insular – The Age of Migrating Ideas: Early Medieval Art in Northern Britain and Ireland
  • Hugh Honour and John Fleming, A World History of Art,1st edn. 1982 & later editions, Macmillan, Londres, page refs to 1984 Macmillan 1st edn. paperback. ISBN 0-333-37185-2
  • Laing, Lloyd Robert. The archaeology of late Celtic Britain and Ireland, c. 400–1200 AD, Taylor & Francis, 1975, ISBN 0-416-82360-2, ISBN 978-0-416-82360-8
  • Lasko, Peter, Ars Sacra, 800–1200, Penguin History of Art (now Yale), 1972 (nb, 1st edn.) ISBN 14056036X
  • Nordenfalk, Carl. Celtic and Anglo-Saxon Painting: Book illumination in the British Isles 600–800. Nova York: George Braziller, 1976.
  • Pächt, Otto. Book Illumination in the Middle Ages (traducido ó francés e alemán), 1986, Harvey Miller Publishers, Londres, ISBN 0-19-921060-8
  • Rigby, Stephen Henry. A companion to Britain in the later Middle Ages, Wiley-Blackwell, 2003, ISBN 0-631-21785-1, ISBN 978-0-631-21785-5. Google books [1]
  • Ryan, Michael, e outros en Grove Art Online, Insular art (Ryan is also a major contributor to Youngs below)
  • Schapiro, Meyer, Selected Papers, volume 3, Late Antique, Early Christian and Mediaeval Art, 1980, Chatto & Windus, Londres, ISBN 0-7011-2514-4
  • Wailes, Bernard e Zoll, Amy L., in Philip L. Kohl, Clare P. Fawcett, Nationalism, politics, and the practice of archaeology, Cambridge University Press, 1995, ISBN 0-521-55839-5, ISBN 978-0-521-55839-6
  • Susan Youngs (ed), "The Work of Angels", Masterpieces of Celtic Metalwork, 6th–9th centuries AD, 1989, British Museum Press, Londres, ISBN 0-7141-0554-6
  • Wilson, David M.; Anglo-Saxon Art: From The Seventh Century To The Norman Conquest, Thames and Hudson (US edn. Overlook Press), 1984.

Ligazóns externas

  • Irish Brooches of the Early Medieval Celtic Period exhibition Arquivado 23 de abril de 2016 en Wayback Machine.
  • Illustrated article by Peter Hubert on the origins of interlace sculpture, Pindar Press, 2003
  • Julian M. Luxford, The Art And Architecture of English Benedictine Monasteries, 1300-1540: A Patronage History, vol. 25 de Studies in the History of Medieval Religion, Boydell Press, 2005 ISBN 1843831538
  • Richard Gem, Studies in English pre-Romanesque and Romanesque architecture
  • Artehistoria ([2] [3] [4] [5])
  • Círculo románico:
  • Románico e Prerrománico en Irlanda
  • Románico e Prerrománico en Gran Bretaña: Escocia e Gales
  • Románico e Prerrománico en Inglaterra: De Acton a Ely
  • Arteguías: Arte Irlandés Altomedieval

Read next

In 24 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article