factograf
GL
Sign in

Apiales

Apiales

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonApiales
categoría taxonómicaorde
descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
All data from the card 6
Freebase
/m/0jts
ITIS
500017
OTT
372834
CoL
BMH4H
EOL
4199
WFO
wfo-9000000022

As Apiales é unha orde de plantas anxiospermas que contén familias moi recoñecidas: cenoria, apio, pirixel, hedra.

No sistema de Cronquist, só se inclúen as Apiaceae e Araliaceae, e a orde situouse coas rósidas máis ca coas astéridas. As Pittosporaceae estaban coas Rosales, e outras formas na familia Cornaceae. As familias están a ser reclasificadas e haberá pequenas variacións, en particular nas Torriceliaceae que poden ser divididas.

Hai tendencia ao paso de formas leñosas a herbáceas. Con condutos resiníferos. Flores pentámeras, hermafroditas, diclamideas, ás veces co cáliz moi pequeno, xineceo ínfero, bicarpelar, de carpelos pechados e estilos libres; en umbelas. Ás veces hai dimorfismo floral.

Importancia nos países tépedos e fríos.

Biotipos

Árbores (algunhas Ferula), arbustos (Bupleurum), e máis frecuentemente herbas, anuais, bianuais ou perennes. Follas case sempre alternas. Contén dúas familias.

Read next

In 64 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article