
Historia
Foi deseñada a partir do mesmo principio que o do paraugas e desenvolvida fai aproximadamente 4.000 anos pola civilización chinesa onde tamén se creou o paraugas. Dende alí estendeuse a Persia, Exipto e Grecia; e foi aí mesmo onde, dende o século IX, as antucas comezaron a ser de uso exclusivo das clases nobres.
Materiais
Antes, eran fabricadas con tecidos lixeiros e finos, a miúdo con encaixe; hoxe en día, na súa maioría, son fabricadas con materiais plásticos.
As antucas de hoxe en día fabrícanse nunha gran variedade de materiais. Para os armazóns das antucas o material máis utilizado é o aluminio pola súa lixeireza e dureza. Porén non é o único material para os armazóns, tamén se poden atopar de aceiro inoxidable e de madeiras tropicais; e recentemente até de fibra de vidro.
