factograf
GL
Sign in

cantante pop estoniana

Anne Veski

Anne Veski

Key facts

data de nacemento27 de febreiro de 1956
educado enUniversidade Técnica de Talín
ocupacióncantante
lugar de nacementoRapla
cónxuxeJaak Veski
distinciónOrde da Amizade
xénero artísticomúsica pop
All data from the card 10
Nacemento
(et) Anne Vaarmann 27 de febreiro de 1956 (70 anos)Rapla
Educación
Universidade Técnica de Talín
Ocupación
cantante
Período de actividade
1978 -
Membro de
Mobile
Xénero artístico
Música pop
Instrumento
Voz
Cónxuxe
Jaak Veski (1977–1981)Benno Beltšikov
Fillos
Kerli Veski () Jaak Veski
Sitio web
anneveski.com

Anne Veski, nada como Anne Vaarmann en Rapla o 27 de febreiro de 1956, é unha cantante pop estoniana.

Traxectoria

Anne Veski en 1988.
Anne Veski en 1988.

Anne Veski naceu como Anne Vaarmann en Rapla, Estonia. Graduouse na escola de música da cidade, despois do cal ingresou na Universidade Técnica de Talín, onde estudou planificación industrial. Licenciouse como economista na universidade en 1978. Ao rematar a súa formación, converteuse en cantante profesional e comezou a traballar como solista cos grupos Mobile e Vitamiin. A súa primeira canción de éxito notable en lingua estoniana foi "Roosiaia kuninganna" en 1980. Outros temas de sona foron "Troopikaöö" en 1979, "Viimane Vaatus" en 1983 e "Jääd või ei?" en 1986.

Despois de ter organizado o conxunto Nemo, Veski comezou a súa carreira en solitario en 1984. Nese mesmo ano, participou no Festival Internacional da Canción de Sopot en Polonia. No certame, recibiu os primeiros premios en dúas categorías: o Amber Nightingale pola mellor interpretación dunha canción polaca (con "Polka Idolka") e o Concurso de Cancións de Intervisión pola canción "Nadezhda gasnet". O Primeiro Premio Intervision foi de feito un segundo posto, xa que a gañadora Krystyna Giżowska recibiu o Gran Premio.

As cancións populares en ruso no seu repertorio inclúen "Vozmi menya s soboy" (1983), "Milyy, goryacho lyubimyy" (1994) e "Radovat'cya zhyzni" (2001).

En 1987, Veski apareceu no documental musical estoniano Pingul keel xunto con outros cantantes e músicos estonianos como Urmas Alender, Ivo Linna e Tõnis Mägi.

Discografía

En solitario

  • Anne Veski (1983)
  • Поет Анна Вески (1983) EP
  • Позади крутой поворот (1984) EP
  • Sind aeda viia tõotan ma! (1985)
  • Я обещаю вам сады (1985)
  • Радоваться жизни (1986) EP
  • Pihtimus (1995)
  • Armukarneval (2000)
  • Diiva (2000)
  • Не грусти, человек (2002)
  • Lootus (2003)
  • Ни о чем не жалейте (2004)
  • Live 2008 (2008)
  • Ingleid ei (2009)
  • Kõike juhtub / Все бывает (2010)
  • Sünnipäev kahele (2011)
  • Kallis, kuula (2013)
  • Võta minu laul (2016)
  • Ma tänan teid: juubelikontserdi live (2016)
  • Anne Veski "Veereb, aeg nii veereb" (2018)

Colaboracións

  • Anne Veski ja ansambel "Muusik-Seif" (1983), Anne Veski e Muusik-Seif
  • Tänan! (1988), Anne Veski & Nemo
  • Kutse tantsule nr. 9: Suvekuningannad (1998), Anne Veski e Marju Länik
  • Sünnipäev kahele (2011), Anne Veski e Ain Tammesson

Vida persoal

Veski casou co letrista Jaak Veski (1956–1994) en 1977. A súa filla Kerli Veski é unha diplómata que traballou no Consulado de Estonia en Moscova. A parella divorciouse en 1981. Veski casou de novo co seu representante, Benno Beltšikov.

Recoñecementos

Read next

In 32 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article