American Hustle é un filme estadounidense dirixido por David O. Russell que se estreou no 2013. O guión, escrito por Eric Warren Singer e Russell, está vagamente baseado nunha operación do FBI de finais dos anos 1970 e comezos dos 1980. Está protagonizado por Christian Bale e Amy Adams como dous timadores que son forzados por un axente do FBI (Bradley Cooper) a colaborar nunha operación que ten como obxectivo descubrir políticos corruptos, incluído o alcalde de Camden, Nova Jersey, (Jeremy Renner). Jennifer Lawrence interpreta a impredecible muller do personaxe de Bale.
Sinopse
Estado de Nova York, anos setenta. Irving Rosenfeld (Christian Bale), un espelido estafador, e a súa intelixente e sedutora compañeira Sydney Prosser (Amy Adams) vense na obriga de traballar para un axente do FBI, Richie DiMaso (Bradley Cooper), que sen querelo os arrastra ó perigoso mundo da política e da mafia de Nova Jersey.
Personaxes
- Christian Bale como Irving Rosenfeld
- Bradley Cooper como Axente do FBI Richard "Richie" DiMaso
- Amy Adams como Sydney Prosser / Lady Edith Greensly
- Jeremy Renner como Alcalde Carmine Polito
- Jennifer Lawrence como Rosalyn Rosenfeld
- Louis C.K. como Stoddard Thorsen
- Jack Huston como Pete Musane
- Saïd Taghmaoui como Xeque árabe de Irving
- Michael Peña como Paco Hernandez / Sheikh Abdullah
- Shea Whigham como Carl Elway
- Erica McDermott como Carl Elway's Assistant / Addie Abrams
- Alessandro Nivola como Anthony Amado
- Elisabeth Röhm como Dolly Polito
- Colleen Camp como Brenda
- Paul Herman como Alfonse Simone
- Anthony Zerbe como Senador de Nova Jersey
- Robert De Niro (sen acreditar) como Victor Tellegio
Galardóns e nomeamentos
- 2013: Premios Oscars: 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme, director, actor e actriz.
- 2013: Globos de Ouro: 3 premios, incluíndo mellor filme comedia. 7 nomeamentos.
- 2013: Premios BAFTA: 3 premios. 10 nomeamentos.
- 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme, guión, actriz secundaria (Jennifer Lawrence).
- 2013: Critics Choice: 4 premios, incluíndo mellor comedia. 13 nomeamentos.
- 2013: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano.
- 2013: Satellite Awards: 8 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director.
- 2013: Sindicato de Guionistas (WGA): Nomeado a mellor guión orixinal.
