factograf
GL

Alt-J

Alt-J

Key facts

data de creación ou fundación2008
instancia degrupo musical
distinciónPremio James Joyce
xénero artísticoart rock
All data from the card 3
VIAF
311428558
ISNI
0000000471112077
Freebase
/m/0k3lyz1

Alt-J (de ∆ e escrito habitualmente como alt-J) é unha banda alternativa británica de Leeds formada en 2007. O seu álbum de estrea, An Awesome Wave, foi lanzado á venda en maio de 2012 en Europa e en setembro do mesmo ano nos Estados Unidos. A banda, formada por catro integrantes, gañou no 2012 o British Barclaycard Mercury Prize.

Orixe do nome

O símbolo da banda é a letra grega Delta maiúscula (Δ) que se emprega en moitos campos técnicos para indicar un cambio ou diferenza.

O uso de Δ básase na secuencia de teclas empregada para xerala nunha computadora Apple Macintosh: ⌥ Option+J.

A portada do álbum debut da banda, An Awesome Wave, mostra unha vista aérea do río delta máis grande do mundo, o Ganxes.

A banda foi coñecida anteriormente polo nome "Daljit Dhaliwa" e logo por "Films", ​aínda que máis tarde víronse obrigados a cambia-lo nome a como é coñecida hoxe, porque xa existía unha banda estadounidense chamada "The Films".

Historia

Alt-J formouse en 2007 cando Gwil Sainsbury (guitarrista / bajista), Joe Newman (guitarra / voz), Gus Unger-Hamilton (teclados) e Thom Green (batería) se coñeceron na Universidade de Leeds.

Gus Unger-Hamilton estudou literatura inglesa mentres o resto da formación estudaba Belas Artes. No segundo ano de universidade, Joe Newman mostrou a Gwil Sainsbury unha serie de cancións inspiradas no seu pai, guitarrista. Ámbolos dous comezaron a gravar nun programa chamado Garageband no seu dormitorio, con Gwil Sainsbury como produtor. Tras graduarse, mudáronse a Cambridge. O seu álbum debut foi grabado en Brixton.

O 3 de marzo, Alt-J empezou a anunciar o seu novo álbum a través das súas contas en redes sociais cun clip de son chamado "00110011 01110111 01110111", o cal se traduce en "3WW". Stereogum reportou ese mesmo día que o álbum chamaríase "Relaxer" e sería publicado o 9 de xuño de 2017. O 5 de marzo do ano 2017, Alt-J lanzou "3WW" coma un sinxelo dixtal.

O 16 de setembro de 2021, a banda anunciou que o seu primeiro sinxelo dende 2018, titulado "U&ME", sería lanzado o 22 dese mesmo mes​. Este lanzamento coincidiu co anuncio do seu cuarto álbum, "The Dream", que saíu á luz o 11 de febreiro de 2022.

Discografía

Álbums de estudio

Lista de álbums de estudio coas posicións en lista de éxitos e outros galardóns
Título Detalles do álbum Posicións nas listas de éxitos Premios
RU
AUS
BEL
(Fl)

CAN
DIN
FRA
IRL
PB
NC
SUI
USA
An Awesome Wave
  • Lanzamento: 28/05/2012
  • Produtora: Infectious
  • Formatos: CD, LP, Formato dixital
13 9 17 30 34 45 11 18 24 39 80
  • Industria fonográfica británica BPI: Platino
  • Industria australiana de produción ARIA: Platino
  • Music Canada: Ouro
  • Industria Americana de produción RIAA: Ouro
This Is All Yours
  • Lanzamento: 22/09/2014
  • Produtora: Infectious
  • Formatos: CD, LP, formado dixital
1 2 2 2 7 5 4 6 5 3 4
  • BPI: Ouro
  • ARIA: Ouro
  • MC: Ouro
  • RIAA: Ouro
Relaxer
  • Lanzamento: 2/06/2017
  • Produtora: Infectious
  • Formatos: CD, LP, formato dixital
6 4 4 7 — 11 9 12 12 3 14
The Dream
  • Lanzamento: 11/02/2022
  • Produtora: BMG
  • Formatos: CD, vinilo, casete, formato dixital
- - - - - - - - - - -
"—" quere dicir que non chegou ás listas dese país ou que non se lanzou alí.

Álbums ao vivo

Lista de álbums gravados ao vivo, con algúns dos postos ao que chegaron nas listas.
Título Detalles do álbum Posicións nas listas de éxitos
UK
BEL
(Fla)

FRA
Live at Red Rocks
  • Lanzamento: 24/06/2016
  • Produtora: Infectious
  • Formatos: CD+DVD+Blu-ray, 2×LP+DVD, formato dixital
— 58 187

Sinxelos

Lista de sinxelos, mostrando o ano e o nome do álbum no que se incluíron.
Título Ano Posición nas listas Álbum
UK FRA US
"Bloodflood" / "Tessellate" 2011 — — — An Awesome Wave
"Matilda" 2012 83 109 7
"Breezeblocks" 75
"Tessellate" 120 124 —
"Something Good" 76 66 —
"Fitzpleasure" — — —
"Dissolve Me" 2013 — — —
"Hunger of the Pine" 2014 59 58 147 This Is All Yours
"Left Hand Free" 85 54 126
"Every Other Freckle" 58 59 93
"Warm Foothills" 2015 161 — —
"3WW" 2017 — 70 — Relaxer
"In Cold Blood" — 64 163
"Adeline" — — —
"Deadcrush" — 79 —
"Pleader" — — —
"—" quere dicir que non chegou ás listas dese país ou que non se lanzou alí.

Read next

In 32 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article