Ali G Indahouse é un filme británico dirixido por Mark Mylod que se estreou no 2002. Baséase no personaxe Ali G do programa de televisión Da Ali G Show. É o primeiro filme dos tres baseados en personaxes de Sacha Baron Cohen, sendo os outros dous Borat e Brüno.
Sinopse
O Centro de Lecer John Nike en West Staines vai pechar por falta de fondos. A Ali G preocúpalle o destino do club alternativo de boy scouts que estivo dirixindo ata ese momento. Decidido a salvalo centro, encadéase a unha estación de autobuses de Staines. Así consegue chamar a atención do primeiro ministro, que andaba buscando un mozo intelectual que lle axudase a gañar as eleccións en Staines, e que cre atopar nel ó home que necesitaba. O político convence a Ali de que a mellor forma de salvalo centro é presentarse ás eleccións para o Goberno, e Ali tómalle a palabra.
Personaxes
- Sacha Baron Cohen como Alistair "Ali G" Graham/Borat Sagdiyev
- Michael Gambon como Primeiro Ministro
- Charles Dance como Deputado David Carlton
- Kellie Bright como Julie
- Martin Freeman como Richard "Ricky C" Cunningham
- Rhona Mitra como Kate Hedges
- Barbara New como Nan
- Ray Panthaki como Hassan B
- Emilio Rivera como Rico
- Olegar Fedoro como Ministro ruso
- Tony Way como Dangerous Dave
- Daniela Lavender como Maid
- John Scott Martin como Mr. Johnson