Adam Robert Price, nado en Carmarthen o 23 de setembro de 1968, é un político galés e líder do partido Plaid Cymru dende o 28 de setembro de 2018, logo de derrotar a Leanne Wood e a Rhun ap Iorwerth nas eleccións primarias ese mesmo mes. Dende o ano 2016, é membro da Asemblea Nacional de Gales por Carmarthen East e Dinefwr, sendo anteriormente membro do Parlamento Británico, entre 2001 e 2011 por Carmarthen East e Dinefwr.
Traxectoria
Fillo dun mineiro, Price naceu en Carmarthen e foi á Ysgol Dyffryn Aman en Ammanford, Carmarthenshire. Estudou na Universidade de Cardiff, conseguindo un BA en Estudos Europeos Comunitarios en 1991.
Price é abertamente homosexual e é un destacado activista LGBT en Gales.
