factograf
GL
Sign in

Active Server Pages

Key facts

data de creación ou fundación1996
data de publicación1996
instancia decontorna de traballo para aplicacións web, linguaxe de programación

Active Server Pages (ASP) é unha tecnoloxía ao lado servidor de Microsoft para páxinas web xeradas dinámicamente, que foi comercializada como un anexo a Internet Information Server (IIS). A tecnoloxía ASP está estreitamente relacionada co modelo tecnolóxico do seu fabricante. Intenta ser solución para un modelo de programación rápida xa que programar en ASP é como programar en Visual Basic, por suposto con moitas limitacións xa que é unha plataforma que non se desenvolveu como o esperaba Microsoft.

O interesante deste modelo tecnolóxico é poder utilizar diversos compoñentes xa desenvolvidos como algúns controis ActiveX. Outros problemas que fixeron evolucionar esta tecnoloxía é o non dispor de información "que oriente a quen desexan aprendela e resulta moi custosa en tempo descubrir aquí e alá toda a información para volvela altamente útil".

ASP pasou por catro iteraciones maiores, ASP 1.0 (distribuído con IIS 3.0), ASP 2.0 (distribuído con IIS 4.0), ASP 3.0 (distribuído con IIS 5.0) e ASP.NET (parte da plataforma.NET de Microsoft). As versións pre-.NET denomínanse actualmente (desde 2002) como ASP clásico.

No último ASP clásico, ASP 3.0, hai seis obxectos integrados dispoñibles para o programador, Application, ASPError, Request, Response, Server e Session. Cada obxecto ten un grupo de funcionalidades frecuentemente usadas e útiles para crear páxinas web dinámicas.

As páxinas poden ser xeradas mesturando código de scripts ao lado do servidor (incluíndo acceso a base de datos) con HTML. Por exemplo:

<%if x=1 then%>
     <b>X igual a un</b>
<%else%>
     <b>X diferente a un</b>
<%end if%>

Este código trae como resultado en html

<b>X igual a un</b>

cando se establece a variable ao lado do servidor a X=1.

Facilítase a programación de sitios web mediante varios obxectos integrados, por exemplo un obxecto de sesión baseada en cookies, que mantén as variables mentres se pasa de páxina a páxina.

Desde 2002, o ASP clásico está sendo substituído por ASP.NET, que, entre outras cousas, substitúe as linguaxes interpretados como VBScript ou JScript por linguaxes compilados a código intermedio (chamado MSIL ou Microsoft Intermediate Language) como Visual Basic, C#, ou calquera outro linguaxe que soporte a plataforma.NET. O código MSIL se compila con posterioridade a código nativo.

Read next

In 47 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article