factograf
GL
Sign in

Aberystwyth

Aberystwyth

Key facts

poboación13.040
superficie532ha
instancia decidade de mercado, Comunidade, cidade universitaria
paísReino Unido
data de creación ou fundación1109
situado na unidade administrativaCeredigion
All data from the card 4
Código postal
SY23
OpenStreetMap
11351080
VIAF
148932214
Freebase
/m/010l_

Aberystwyth é unha cidade situada na confluencia dos ríos Ystwyth e Rheidol, no condado de Ceredigion, Gales. A cidade ten 12.000 habitantes, pero hai que lle engadir 7.000 estudantes universitarios.
A Universidade e a Biblioteca Nacional de Gales teñen a súa sede na cidade, e gran parte da economía local depende da Universidade, ademais é o segundo porto comercial galés.
Na cidade ten a súa sede a Cymdeithas yr Iaith (Sociedade da Lingua galesa) e aquí realizou en febreiro de 1962 a súa primeira acción de protesta pacífica.
O 35% da poboación local pode falar galés.

Historia

Habitado cando menos dende a Idade de Ferro, a construción dunha fortaleza normanda en 1109 deu orixe á cidade, Llandabarn Gaerog (Llanbadarn fortificado) foi o seu primeiro nome. En 1277 Eduardo I de Inglaterra reconstruíu o castelo, despois de ser destruído polos galeses. Entre 1404 e 1408 o castelo estivo nas mans de Owain Glyndŵr, quen finalmente se rendeu ao príncipe Henrique.

Demografía

Cantidade de poboaciónAno10.50011.00011.50012.00012.50013.00013.500200020052010201520202025AberystwythEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 55 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article