Acontecementos
- Afonso I incumpre os acordos de paz a que chegara coa súa esposa a raíña Urraca. Reanúdase o conflito entre eles.
- Pedro Froilaz, a súa esposa Maior e os seus fillos Bermudo e Fernán, asinan unha alianza co bispo Xelmírez co obxecto de entronizar a Afonso Raimúndez á marxe da súa nai Urraca.
- 17 de abril: O arcebispo de Toledo publica a bula papal que suspende nas súas funcións a Mauricio, arcebispo de Braga.
- Pedro Froilaz leva por primeira vez ao seu pupilo Afonso Raimúndez a Toledo, ás guerras da fronteira cos almorábides.
- Decembro: O papa anula os dereitos legatarios do arcebispo de Toledo sobre Braga e confirma o título de arcebispo a Mauricio.
Europa
- Ramón Berenguer III conquista Mallorca e Eivisa.
Nacementos
- Bhaskara II, matemático e astrónomo indio (m. 1185)
- Henrique de Escocia, herdeiro ao trono escocés.
- Alain de Lille, filósofo e teólogo francés (m. 1203).
Véxase tamén
Bibliografía
- Historia Compostelá. Edición de Emma Falque Rey. 1994. Editorial AKAL. ISBN 84-460-0417-8
- López Ferreiro, Antonio (1885). Don Afonso VII, rei de Galiza, e o seu aio o conde de Traba. (2006 ed.). Editorial Toxos Outos. ISBN 84-96673-01-4
- López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela. Seminario conciliar central. Volume 3.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquia galega. Editorial Toxos Outos. ISBN 978-84-15400-78-3