En Atenas, Pisístrato, apoiado por Tebas e Argos, arríncalle definitivamente o poder ao partido aristocrático e impón unha tiranía moderada, respectando e mesmo impoñéndolle á oligarquía as leis de Solón e deixando ficar as maxistraturas.
Unifica a Ática, estende a influencia de Atenas, retoma o control dos Dardanelos e faise co Quersoneso táurico (actual Crimea).
Ciro o Grande conquista a Lidia, a Xonia e a Eólide. Destrúen Magnesia, Colofón e Esmirna. Os foceos, cuxa cidade tamén é destruída, refúxianse nas súas colonias do Mediterráneo occidental (Alalia). Mileto sálvase ao declararse aliada dos persas.
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.