factograf
GL
Sign in

Orust

Orust

Key facts

poboación15.339
superficie883km²
instancia deconcello de Suecia
paísSuecia
capitalHenån
data de creación ou fundación1 de xaneiro de 1971
All data from the card 4
OpenStreetMap
935532
VIAF
144825383
ISNI
0000000097843450
Freebase
/m/0yqz2

Orust é un concello sueco no condado de Västra Götaland. A súa capital é a localidade de Henån. En setembro do ano 2022 o municipio tiña unha poboación de 15 444 habitantes.

O concello esta composto pola illa de Orust, onde vive a meirande parte dos seus habitantes, e moitas outras illas e illotes pequenos que a rodean, algúns deles habitados como Flatön, Lyrön, Härmanö, Gullholmen, Käringön e Malö.

O municipio está situado no Skagerrak e no centro do landskap de Bohuslän, co concello de Lysekil ao norte e o de Uddevalla ao nordés. Ao sueste do concello atópase o municipio de Stenungsund, e ao sur o de Tjörn. O municipio está separado da Suecia continental (fastlandet) polos fiordes Björnsundsfjorden e Kalvöfjord ao norte e polo de Havstensfjorden ao leste. No sur está separada da illa de Tjörn polo Stigfjorden.

Read next

In 40 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article