factograf
GL

Oficina do Censo dos Estados Unidos de América

Oficina do Censo dos Estados Unidos de América

Key facts

data de creación ou fundación6 de marzo de 1902
instancia deaxencia federal dos Estados Unidos, instituto de estatística
paísEstados Unidos
situado na unidade administrativacondado de Prince George
All data from the card 6
OpenStreetMap
1848492
VIAF
165439621
ISNI
0000000113307149
Open Library
OL140127A
Freebase
/m/0fqj4
OpenAlex
I1333512998

A Oficina do Censo dos Estados Unidos (do inglés United States Census Bureau) é unha axencia estatal responsable do censo dos Estados Unidos de América. O seu obxectivo é dar unha fonte de datos de calidade sobre a poboación dos Estados Unidos e a súa economía. En xuño do 2007 foi nomeado director da Oficina Steven Murdock.

Estas oficinas atópanse no Ministerio de Comercio onde se elaboran os estudos estatísticos, e é un departamento gobernamental dos Estados Unidos. É o equivalente ao INE español.

Historia

Desde 1790 o censo é realizado pola Oficina do Censo dos Estados Unidos (logo da Revolución Americana). Desde entón houbo 21 censos federais. O último reconto foi no 2000, e o anterior en 1990. O próximo será no 2010. Con todo a oficina do censo realiza estimacións de poboación entre reconto e reconto, de feito, na súa páxina web presume ter un contador de poboación en tempo real.

Desde 1902, o órgano oficial do empadroamento do goberno dos Estados Unidos son as oficinas do censo. A constitución dos Estados Unidos, establece que polo menos unha vez cada 10 anos, as oficinas do censo enumeren a poboación do país e de cada estado que o forma.

Organización estrutural e territorial

Cada oficina é dirixida por un director, asistido por un deputado director e persoal executivo do a asociación de directores.

A xefatura das oficinas do censo, están situadas no 4600 de Silver Hill Road, Suitland (Maryland). Hai oficinas filiais noutras 12 cidades: Boston, Nova York, Filadelfia, Detroit, Chicago, Kansas City, Seattle, Charlotte, Atlanta, Dallas, Denver, e Os Ánxeles. Estas oficinas adicionais utilízanse para facilitar os censos decenais.

A oficina do censo tamén dirixe o programa cooperativo do centro de información do censo (CIC-Census Information Centers), que implica a 47 organizacións non lucrativas nacionais, rexionais, e locais. O obxectivo do CIC é representar os intereses das comunidades desatendidas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina Web oficial do Census Bureau

Read next

In 67 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article