factograf
GL
Sign in

National Institutes of Health

National Institutes of Health

Key facts

data de creación ou fundación1887
instancia deaxencia federal dos Estados Unidos, centro de investigación
paísEstados Unidos
distinciónGran Cruz da Orde Civil de Sanidade
Logo dos NIH.
Logo dos NIH.

National Institutes of Health (NIH), en galego, Institutos Nacionais da Saúde, é o nome dun grupo de institucións do goberno dos Estados Unidos cuxos obxectivos céntranse na investigación médica.

O grupo ten as súas oficinas centrais en 9000 Rockville Pike, Bethesda, Maryland.

Programas de investigación

O NIH leva a cabo a súa propia investigación científica a través do seu Intramural Research Program (Programa de Investigación Intramural, IRP) e subministra importantes fondos de investigación biomédica a institucións de investigación non pertencentes aos NIH a través do seu Programa de Investigación Extramural.

Historia

As raíces dos NIH remóntanse ao Marine Hospital Service a finais da década de 1790, que daba asistencia médica a homes enfermos e discapacitados da Armada dos Estados Unidos de América (USS Navy).
Contra 1870, a rede de hospitais navais desenvolvérase considerabelmente, e colocouse baixo o mando dun oficial médico dentro da Oficina do Departamento do Tesouro. A fins da década de 1870, o Congreso asignou fondos para investigar as causas de epidemias como o cólera e a febre amarela, e creu a Xunta Nacional de Saúde, facendo da investigación médica unha iniciativa oficial do goberno.

Fundados en 1887, os NIH representan hoxe en día un dos grupos de centros de investigación médica máis grandes do mundo, e son o referente federal dos Estados Unidos no ámbito da saúde pública.

Comprenden un conxunto de 27 centros e institutos separados, e son, en conxunto, unha das oito[Cómpre clarificar] axencias do Servizo Público de Saúde que, á súa vez, forma parte do Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read next

In 41 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article