factograf
GL
Sign in

Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts

Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts

Key facts

superficie680.000m²
data de creación ou fundación10 de abril de 1861
instancia deuniversidade, instituto politécnico, institución educativa privada sen ánimo de lucro
paísEstados Unidos
fundadorWilliam Barton Rogers
situado na unidade administrativaCambridge
All data from the card 6
Código postal
02139-4307
OpenStreetMap
65066
VIAF
150025207
ISNI
0000000123412786
Freebase
/m/04rwx
OpenAlex
I63966007 e P4310316440

O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (en inglés: Massachusetts Institute of Technology) ou simplemente MIT- considérase como a institución máis prestixiosa do mundo no referente á educación científica e tecnolóxica. O MIT está situado na cidade de Cambridge no estado de Massachusetts, preto de Boston, nos Estados Unidos.

Historia

O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts foi fundado no 1861 polo xeólogo William Barton Rogers que desexaba crear un novo tipo de institución educativa independente dedicada á crecente industrialización dos Estados Unidos.

A apertura do instituto foi atrasada pola Guerra Civil nos Estados Unidos, e acolleu aos seus primeiros estudantes no 1865. Nos seguintes anos, estableceu unha reputación de primeira nas ciencias e enxeñería, pero caeu en dificultades económicas. Estes dous factores facían parecer favorable a idea de fusionala coa Universidade Harvard, que tiña moitos cartos, pero tiña carencias en ciencias comparadas cás letras e artes liberais. No 1904 o presidente Henry S. Pritchett reuniuse con Charles W. Eliot, presidente de Harvard para levar a cabo a fusión. Pero finalmente as protestas dos alumnos fixeron que se cancelase. No 1916, o MIT moveuse ó longo do río desde a súa localización en Boston’s Back Bay ata a súa posición actual en Cambridge, Massachusetts.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina web oficial do MIT

 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Read next

In 107 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article