Traxectoria
Foi o máis novo de nove irmáns. Estudou en Dumfries e en Edimburgo. Traballou como xornalista en Nottingham e Londres (1885). En 1887 publicou a súa primeira novela, Better Dead, unha historia de misterio e en 1888 obtén o seu primeiro éxito con Auld Licht Idylls.
A produción máis coñecida de Barrie foron as súas obras teatrais, Richard Savage (1891) foi a súa primeira obra de éxito e o personaxe de Peter Pan aparece en Peter Pan, or The Boy Who Wouldn't representada pola primeira vez o 26 de decembro de 1904, aínda que xa falara del en The Little White Bird (1902), onde fala das súas relacións cos nenos da familia Llewellyn Davies, nos que se basea a personaxe.
