factograf
GL
Sign in

nome masculino

Amaro

  • 1 min read

Amaro é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués e co castelán. A súa orixe é o latín Amarus, con moita tradición na onomástica galega medieval co derivado Amarellus (que deu lugar ó topónimo Amarelle).

En xaneiro de 2023 existían 121 varóns en Galicia co nome Amaro, cunha media de idade de 32,6 anos.

Historia do nome

A orixe do nome é literaria e difundiuse durante a Idade Media coa Vida de santo Amaro, unha historia dunha viaxe a través do mara ata o Paraíso, durante a cal ten moitas aventuras. Nesta historia recóllense lendas de tradicións pagás, como a de san Brandán, polo cal se lle supuxo orixe céltica.

Na literatura galega tivo sona O bendito San Amaro, obra de Ramón Cabanillas ilustrada por Castelao.

Amaro noutras linguas

Personaxes

  • Santo Amaro, figura relixiosa presente na tradición lendaria celta-galega como santo Amaro, baseada nun peregrino francés a Compostela do século XIII. Tamén podería basearse en:
  • Amaro de Anjou (ou San Mauro de Anjou), discípulo de San Bieito de Nursia, e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia.
  • Amaro González, relixioso galego do século XVI.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read next

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article