factograf
GL
Sign in

Asociación Española de Normalización y Certificación

Asociación Española de Normalización y Certificación
All data from the card 2
VIAF
144128378
ISNI
0000000119412097

A Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR) é unha organización privada, independente e sen fins de lucro dedicada á normalización e certificación da calidade no Estado español.

Historia

Empresa certificada por Aenor.
Empresa certificada por Aenor.

Constituíuse en 1986, coincidindo coa entrada de España na Comunidade Económica Europea. Até entón a normativa de normalización era responsabilidade do Instituto de Racionalización y Normalización (IRANOR), entidade pública creada en 1945 dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Historia

No primeiro ano creáronse os primeiros 24 comités técnicos de normalización, herdando o traballo de IRANOR, partindo de 7.810 normas, xa existentes. Un ano despois, AENOR asumía a representación do Estado ante os organismos europeos: CEN, CENELEC e ETSI e internacionais ISO e IEC.

Actualmente,[cando?] son máis de 200 os comités técnicos de normalización nos que participan preto de 6.000 expertos.

En 1989 comezouse a certificación segundo UNE-EN ISO 9001 actualmente hai máis de 26.000 certificados.

En 1992, coa celebración do Cumio da Terra no Río de Xaneiro, iniciáronse as políticas ambientais nas empresas, ISO 14000. Os primeiros certificados de AENOR desta norma son de 1994 e xa se levan emitidos máis de 6.900 certificados.

En 2011, no seu 25 aniversario, AENOR contaba con 200 Comités Técnicos de Normalización, 28.000 normas e máis de 90.000 produtos exhiben a marca N. Nestes anos lévanse emitido máis de 60.000 certificados de sistemas de xestión.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Páxina web de AENOR (en varias linguas)

Read next

In 7 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article